viernes, 11 de diciembre de 2009

boneco de neve


O físico David Cox, do Laboratorio Nacional de Física do Reino Unido, creou o boneco de neve máis pequeno do mundo coas ferramentas utilizadas habitualmente para manipular nanopartículas.

A figura mide só 0,01 milímetros de grosor, equivalente a unha cuarta parte do grosor dun cabelo humano. Para fabricalo, Cox empregou dúas pequenas bólas de estaño que foron soldadas con platino, o mesmo material que utilizou para o minúsculo nariz.

Un feixe de iones enfocado permitiulle tallar os ollos e o sorriso. A fotografía foi tomada con axuda dun microscopio electrónico.
xa sabedes...agora que chega o Nadal e con el a neve(ainda que en Ourense moi pouca ou case nada) animádevos a crear o voso propio!!
pero con un tamaño un pouquiño máis grande.

4 comentarios:

  1. Moi interesante, pero con que finalidade fixo o tipo un boneco de neve microscopico? E o de crear o noso...aiqui vai ser un pouco difícil! Co que neva en Ourense!

    ResponderEliminar
  2. Buaa!!
    Como debe molar o boneco de neve, ehhh...
    Eu seguro que o pisaba, porque non vexo un carallo...
    jajaajja
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Raquel tu sempre facendo preguntas tan interesantes.....pois seguro que este físico ten fillos e lle prometeu agora no Nadal facer con eles un boneco de neve,pero como quería rematar antes construino así de pequeno, pero claro despois dirasme que ao facelo tan pequeno levaríalle máis tempo non si? pois ben, seguramente encargoulle ese traballo a algun becario que ten ao seu cargo... e agora quedar ben con todos! jajaj

    ResponderEliminar
  4. Pabliño, pódese saber porque non ves? aiaiai...que non se pode sair de noite e chegar ás tantas da mañán e pisando nos bonecos de neve!!! co traballiño que levarían para facelo...xa sabes anímate a facelo!!

    ResponderEliminar