jueves, 10 de diciembre de 2009

Manipular a choiva non é a solución


O 30 de setembro os ceos de Pequín pesaban escuros e a néboa afogaba a cidade cunha nube densa, que ameazaba con augar o xigantesco desfile militar previsto o día seguinte na praza Tiananmen para conmemorar o 60 aniversario da fundación da República Popular China.

Houbo choiva.

Pero caeu toda esa noite, e o 1 de outubro amenceu radiante e dun azul que parecía imposible. Non foi casualidade. Un total de 18 avións do Exército Popular de Liberación voaron sobre a cidade disparando yoduro de prata contra as nubes para forzar as precipitacións antes da parada militar.

Desde que, en 1947, Bernard Vonnegut descubrise que o yoduro de prata pode romper os equilibrios internos das nubes e modificar as precipitacións, preto de 40 países seguen utilizando a mesma tecnoloxía para tratar de modificar o tempo. Aínda que houbo intentos máis audaces durante o século pasado -Estados Unidos atreveuse a tranquilizar a forza dos furacáns-, na actualidade esta técnica só se demostrou eficaz para incrementar ou deter a choiva, provocar nevadas e minimizar os danos da saraiba.

Pero como a imaxinación carece de límites, algúns científicos xa pensan en cambiar o rumbo de tornados, acougar os ventos ou alterar a dirección dos lóstregos. Á modificación do clima denomínaselle geoingeniería, pero este termo utilízase xeralmente para designar as prácticas que teñen como obxectivo paliar os efectos negativos do arrequecemento global.

Con todo, existe outra acepción: a destinada en concreto a manipular as condicións atmosféricas de forma artificial para provocar choiva ou neve en períodos prolongados de seca ou impedir precipitacións cando os nuboeiros ameazan con augar a festa, como sucedeu durante os Xogos Olímpicos de Pequín.

1 comentario:

  1. Moi ben, Lorena. Parece que te animaches a reanudar o teu traballo con bo pé. Son moi interesantes as túas entradas sobre o "cambio do clima"... Anímote a seguir nesta liña. Grazas. Luís

    ResponderEliminar