viernes, 29 de octubre de 2010

hai que continuar co que empezaramos!

Ola!! este blog fixeno xa fai un ano...como pasa o tempo!! para a asignatura filosofia da ciencia e da tecnoloxía, pero como estaba dedicado a subir noticias de interese, estiven pensando e vou continuar con este labor.
Xa estamos todos fora do instituto, a maioría na universidade, pero creo que esta asignatura nos unira moito, temos que agradecer esto ó noso profe de Filosofía, que sen dúbida, un dos mellores profesores.
Non poderei subir tantas noticias como quixera, por falta de tempo, pero intentarei subir unha por semana, e se aparece algo moi interesante subireina de contado!
Compañeiros, sinto decirvos, que a partir de agora as mellores entradas van ser as de Pablo, futuro periodista, os demáis faremos o que podamos!! jajaja
Eu estou estudando Enxeñaria industrial, e esta semana viñeron a darnos unhas charlas sobre enerxías renovables, acordeime desas clases facendo debates, buscando informacion....e agora teño unha clara idea sobre eses temas.
Deséxolle moita sorte ós novos alumnos que se adentran por primeira vez nesta asignatura, ó final do curso teredes moitos coñecementos sobre as noticias que vemos na tele, en internet sobre o medio ambiente,enerxías renovables e non renovables, etc, e sen dúbida a asignatura que máis ides botar de menos!
Sen máis, un saúdo a todos!

1 comentario:

  1. Ola Lorena! Que tal? Jaja. Estou de acordo contigo en que hai que continuar co que empezaramos. Eu tamén sigo a subir entradas, aínda que non con toda a frecuencia que me gustaría. Pero bueno, o importante é a intención de non deixar "morrer" o blog. En canto a que as miñas entradas van ser as mellores polo feito de ser xornalista, non estou de acordo contigo para nada. É máis, é frecuente que moitos xornalistas teñan unha expresión escrita bastante deficiente. Espero que non sexa este o meu caso. Sen máis, espero que todo che vai moi ben e un saúdo!

    ResponderEliminar